IFEVI

Benvida

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) nace comprometido a converterse nun apaixonante mundo de negocios e no mellor escaparate do noroeste peninsular. O seu carácter dinámico, exento de interese lucrativo, e a súa clara vocación de institución xeradora de servizos convérteno, hoxe en día, en obrigado punto de encontro de todos os profesionais do seu ámbito de influencia.
Foto recinto
Con preto de cen eventos e unha afluencia de público que se achega ao millón de visitantes ao ano, o carácter dinámico e innovador de IFEVI é hoxe a mellor garantía de éxito para o profesional disposto a crecer e asumir novos retos.

Emprazado fronte ó aeroporto, o Recinto Feiral sitúase no punto de intersección da autoestrada A-9, verdadeiro nexo de conexión do Noroeste peninsular, e que a súa vez enlaza por autovía con Portugal e outros puntos da península. Ademais, IFEVI está conectado co centro da cidade a 7 minutos por autoestrada de acceso gratuito.

Pola proximidade en poucos minutos a todo tipo de conexións: aéreas (Aeroporto de Peinador), terrestres (autoestrada A-9, estación de autobuses e autobús urbán coa línea C9A), marítimas (porto de Vigo) e de ferrocarril (estación de tren); IFEVI constitúe unha gran porta de comunicación co exterior.

Próximos Eventos...
Retroceder un mesSetembroAvanzar un mes
L M Me X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Descargar Listado Anual de Eventos
:: Avda. do Aeroporto, 772 :: Cotogrande :: 36318, Vigo :: Pontevedra ::
:: Tlf. +34 986 486 144 :: Fax. +34 986 486 071 :: info@ifevi.com ::